fotos-ismael-pacheco-noticias-o-rosal-64

O Acanor Atlético Novás venceu este sábado 15 de outubro ao Construcciones Castro-Balonmano Porriño (31-25) no quinto partido do grupo A da Primeira Nacional. Con esta nova vitoria, o equipo rosaleiro segue invicto en Liga, ocupando a 2ª posición na táboa clasificatoria, tan só por detrás do Balonmán Xiria.

fotos-ismael-pacheco-noticias-o-rosal-49

O pavillón municipal do Rosal volveu a rexistrar unha moi boa entrada para disfrutar dun igualado partido que se resolveu na segunda parte co “acelerón” e a calidade dos homes de José Ramón Muñoz ‘Jota’. Non podemos esquecer que, certamente, este bo resultado é grazas, en parte, aos incesantes ánimos e á excelente comunión charanga-público-equipo, que están facendo de O Rosal, un auténtico “fortín”.

fotos-ismael-pacheco-noticias-o-rosal-106

Destacar a dirección e o fantástico xogo da nova fichaxe, Nico López Rey -autor de 7 tantos- ben secundado polo capitán Manu Martínez (6) e o pivote Iago Flores (4), autor dun golazo de costas á portería que, a bo seguro, quedará gravado na retina dos afeccionados rosaleiros.

????????????????????????????????????

Como non, mención aparte merece o gardameta Kevin García, que coas súas incribles e oportunas paradas permitiu ao Acanor Novás marcharse finalmente no marcador.

fotos-ismael-pacheco-noticias-o-rosal-15

Así está a clasificación de máximos goleadores do equipo de balonmán do Rosal:

⚽️ GOLEADORES (tras 5 xornadas):

▶ Nico López Rey 28g
▶ Iago Flores 22g
▶ Manu Martínez 21g
▶ Rubén Figueirido 18g
▶ Miguel Sío 17g
▶ Dani Pintus e Yago Alonso 12g
▶ Miguel Trigo 11g
▶ Ismael Rodríguez e César Armán 4g
▶ Ramón Suárez 3g
▶ Carlos Rodríguez 2g  

Velaquí vos deixamos a reportaxe deste partido, da autoría do fotógrafo de NOTICIAS O ROSAL, Ismael Pacheco.

« de 5 »

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.