presentacion-acanor-novas-2016

Este mércores 12 de outubro, coincidindo coas Festas da Pilarica e a Festa do Cabaqueiro, o Acanor Atlético Novás de balonmán xogará no pavillón municipal do Rosal un “complicado partido” (18:00 horas) fronte ao Magope Seis do Nadal.

Despois de tres xornadas disputadas da Primeira Nacional, o Acanor Novás sitúase con dúas vitorias e un empate, como 2º clasificado con 5 puntos, tras o Balonmán Xiria (líder, con 6 puntos).

clasificacion-novas-3a-xornada

Así mesmo, no descanso do encontro, o club rosaleiro que preside Andrés Senra, presentará a todos os xogadores das súas distintas categorías (benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, autonómica e nacional).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.