🤾♂ BALONMÁN. Segundo vén de comunicar o Acanor Atlético Novás, o club presentará en sociedade ao seu novo adestrador, Álvaro Senovilla.
Será este sábado 18 de xullo (12:00 horas) en Casa Telleiro (Figueiró-Tomiño). Case tres meses despois do anuncio, lémbrase dende o Novás, será a primeira vez na que o preparador vallisoletano pise O Rosal como técnico do primeiro equipo galego.
Para asistir ao evento é necesario inscribirse enviando un correo a info@atleticonovas.com ou mesmo escribir un WhatsApp ao número 660 928 686.