Pablo Herbello no partido Novás-Ademar León de 2009. (Fotos: Juan Ramón O Rosal)

Hoxe cúmprense 5 anos do falecemento do mítico central Pablo Herbello, ex-xogador do Bueu Atlético e, por suposto, do Atlético Novás, onde deixou a súa inesquecible impronta, tanto na pista como a nivel humano.

Jimy e Mon, secundados por Trigo e Iago, na homenaxe a Pablo Herbello (2013).

Con tan só 33 anos e despois dunha longa enfermidade, o 1 de marzo de 2013 o mundo do deporte e do balonmán galegos tinguíanse de loito para despedir a Pablo Herbello.

O 9 de marzo daquel ano, no partido que enfrontou ao Novás e o Seis do Nadal, O Rosal tributoulle a Pablo unha sentida homenaxe, coa presenza dos seus familiares, amigos e a súa incondicional afección.

Pablo Herbello, agachado, 1º pola esquerda co Atl. Novás 2010/11.

Estas son as verbas escritas hoxe nas redes sociais do club rosaleiro: “Un lustro sen ti e a túa pegada segue intacta. Nunca te imos esquecer. #EternoPH15″.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.