O Acanor Atlético Novás que dirixe Ismael Martínez xogará este sábado 25 de febreiro en O Rosal (19:00 horas) fronte ao Saeplast Cañiza no partido correspondente á xornada 21 de Liga da Primeira Nacional (Grupo A).

O equipo rosaleiro, segundo equipo menos goleado tras o líder Calvo Xiria, segue no 5º posto da clasificación con 27 puntos, a tan só 3 do Rodosa BM. Chapela e a falta de 10 xornadas para finalizar a competición.

Tras a derrota da pasada fin de semana na pista do Porriño (28-25), o Novás buscará na casa unha nova vitoria que o manteña nos postos altos da categoría.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.