Tal e como se informa dende o club rosaleiro “A S.D. Atlético Novás organiza esta fin de semana unha viaxe a Carballo para que a súa afección poida gozar do partido entre o Calvo Xiria e o Acanor Atl. Novás. A cita, unha das máis importantes que debe afrontar o conxunto de Isma Martínez de aquí ao final da temporada, terá lugar este sábado 18 de marzo ás 20:15 horas no Pavillón Zona Escolar de Carballo. 

Consumidas 23 xornadas da competición, o equipo rosaleiro atópase quinto, a tan só catro puntos do segundo posto -que dá acceso á fase de ascenso-. A saída do autobús será ás 16:30 horas da Praza de O Calvario (O Rosal) e terá un custe de 12€ para socios e de 15€ para non socios. A data límite de reserva é o 15/03 a través do teléfono 660 928 686″.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.