Segundo se confirma dende o Concello do Rosal, as obras de reforma da Praza de Abastos da vila durarán dous meses e comezarán a finais deste ano 2020.

“Esta primeira fase terá un custo de máis de 207.000 € a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, de Agader e de financiamento propio”.

O Concello vén de sacar a licitación o contrato das obras de reforma da Praza de Abastos do Rosal, unha remodelación interior do mercado sen afección estrutural coa que se busca adecuar o espazo aos novos estándares de confort mediante a redistribución dos postos, o cambio de materiais e de iluminación e a transformación dos servizos existentes. A licitación publicarase este xoves 17 de setembro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra coas correspondentes especificacións e criterios de selección.

O mercado contará con cinco postos comerciais no espazo principal que se distribuirán nunha illa central con dous postos de froita, horta e flores e nunha franxa lateral con carnicería, peixaría, despacho de pan e espazo para venda e promoción de produtos locais”.

Noticia íntegra, aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.