
O equipo senior do Goián C.F., adestrado polo míster rosaleiro Noé Cortiñas Brey, vén de conseguir o ascenso a 2ª Autonómica tras gañar a domicilio no último partido de Liga ao G.D. Miño (0-4).

O Goián C.F., segundo clasificado con 66 puntos en 28 partidos, sobe con este último triunfo de categoría, acompañando ao líder CD Pontellas B (72 puntos). Destacar que o equipo de Noé foi -con diferencia- o máximo goleador do Grupo 15 da Terceira Autonómica con 103 goles e o terceiro menos goleado con 29 goles.
¡Dende Noticias O Rosal, noraboa ao club Goián C.F., ao seu míster Noé Cortiñas e a toda a súa afección!

Arriba, Goian! 🙂