javi-diaz-web

O diario nacional MARCA, líder en información deportiva, vén de publicar hoxe, sábado 15 de outubro -na súa versión impresa- un artigo da autoría de Jorge Dargel, titulado Unos ‘señores’ porteros, que ten como protagonista ao gardameta rosaleiro Javi Díaz.

O arqueiro de Fornelos, de 41 anos, pertencente ao Recoletas Atlético Valladolid da Liga ASOBAL (máxima categoría do balonmán en España), foi entrevistado xunto aos porteiros ‘Joseja’ Hombrados (43) e David Bruixola (38).

javi-diaz-valladolid-balonmano
Javi Díaz. (Fotos: Atlético Valladolid / Diego Santamaría)

Javi Díaz, que parece ter o segredo da eterna xuventude, ocupa o segundo posto en número de paradas da ASOBAL, por detrás precisamente de Bruixola. O xogador do Rosal afirma que “antes era más impulsivo, pero ahora antepongo mi veteranía a la hora de colocarme o anticiparme”.

¡Dende Noticias O Rosal, unha vez máis, noraboa Javi e a seguir engrandecendo a túa lenda no mundo do balonmán!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.