
Ángel Arcos, futbolista de O Rosal e os seus compañeiros da Selección Galega Sub 16 disputan este martes 21 de xuño as semifinais do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, tras empatar ante Andalucía, gañar a Baleares (con gol de Ángel) e á Comunidade Valenciana.
O conxunto rival, como se lembra dende a Real Federación Galega de Fútbol, será o combinado catalán, comezando o encontro ás 17:00 horas no Campo Manolo Barreiro (Pontevedra).