Segundo se vén de anunciar dende as Organizacións da Feira de San Gregorio en Pías e da Romaría de San José 2020 en Novás, estas festas tradicionais de O Rosal quedan canceladas.

“Ante a evolución da situación marcada pola transmisión do Coronavirus COVID-19 e coñecidas as medidas preventivas tomadas polos gobernos central e autonómico, vémonos na obriga de SUSPENDER a Feira de San Gregorio 2020. Grazas polo seu interese e agardamos contar coa súa presencia na vindeira ocasión. Un saúdo”, podíase ler hoxe nas redes sociais. 

Pola súa banda, dende Novás afírmase que “ante a situación que se está a vivir por causa do coronavirus (COVID-19) estamos obrigados a cancelar a Romería de San José”.

Na mensaxe oficial do Concello do Rosal, que deixamos aquí íntegra, aprázanse todas as actividades municipais a partir do luns 16 de marzo.

“Seguindo o protocolo de prevención e as recomendacións marcadas dende a Xunta de Galicia.

Atendendo ás últimas recomendacións marcadas dende a Xunta de Galicia e aos protocolos de prevención estipulados polos expertos para a contención do COVID-19, o Concello do Rosal levará a cabo as seguintes medidas preventivas:

  • Aprazamento de todas as actividades relacionadas cos cursos do programa ‘Reactívate’.
  • Aprazamento de toda a axenda cultural e de lecer do mes de marzo.

Estas medidas de carácter preventivo faranse efectivas a partir do vindeiro luns 16 de marzo e estarán en vigor ata finais de mes. Chegada esa data serán avaliadas de novo tendo en conta o desenvolvemento da situación e seguindo as recomendacións establecidas tanto pola Xunta de Galicia como polo Ministerio de Sanidade.

Lémbrase ás familias que a Xunta de Galicia suspendeu as clases en todos os centros educativos galegos e a todos os niveis dende o luns e durante 14 días como medida preventiva, así como todas as actividades extraescolares. Tamén decretou o peche de centros de maiores, centros sociocomunitarios, museos, bibliotecas e arquivos e limitou a afluencia a eventos en espazos pechados a 50 persoas e en espazos maiores a un terzo do aforo total.

O Concello do Rosal ponse a total disposición do órgano competente da Xunta de Galicia nesta materia para o que considere oportuno”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies