📸 Festa de Novás

Tal e como se publica hoxe nas redes sociais, o “Carnaval de Novás” terá lugar os días 23, 24 e 25 de febreiro nun ambiente de “festa rachada e risas á esgalla”.

O domingo 23, a partir das 16:30 horas, Subida do Maio e xogos populares. Haberá chocolate quente e rosca.

O luns 24, tamén ás 16:30 horas, Gran Corrida do Galo.

Para rematar o Entroido, o martes 25 de febreiro, a partir das 18:00 horas, tradicional Frixidela “con pan de millo e viño para todos”, poñendo o broche de ouro a actuación do artista rosaleiro Roberto Caco.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.