novas-ruben-figueirido

Hoxe, venres 28 de outubro (21:30 horas), a fiel afección do Acanor Atlético Novás de balonmán, ten unha nova cita no seu “fortín”, o pavillón municipal do Rosal, pois alí celebrarase o partido contra o Granitos Ibéricos AD Carballal, correspondente á sétima xornada de Liga do Grupo A de Primeira Nacional.

O equipo de José Ramón Muñoz ‘Jota’, ata agora invicto, enfróntase, lembran dende o club rosaleiro, “aos pupilos de Fran Gonzalez, que veñen de sumar os seus dous primeiros puntos e de anunciar a fichaxe dun dos mellores extremos galegos de tódolos tempos, José Cerillo”.  

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.