Copa Galicia Novás web

Tal e como comunica o Acanor Atlético Novás, o pavillón do Rosal acollerá este mércores 31 de agosto ás 20:45 horas, o partido de cuartos de final da Copa Galicia fronte á SD. Teucro.

O equipo pontevedrés, que non logrou a permanencia na liga ASOBAL, é para os entendidos -e segundo se lembra dende o club que preside Andrés Senra– o “máximo aspirante ao ascenso”. 

Trátase dun equipo “moi completo, que presenta reforzos de calidade”. Por parte do Acanor Atlético Novás “regresará Miguel Trigo tras estar inédito no Trofeo Concello de O Rosal por motivos laborais. Seguirán a ser baixa o central López Rey, xa na fase final da súa recuperación, e os zurdos Harris Rodríguez e Germán Hermida”. 

A entrada será de balde e os socios poderán recoller o seu abono nun punto habilitado para iso e para novas altas.       

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.