Lun. Ago 15th, 2022

A incondicional afección do Novás soña cunha nova Fase de Ascenso 

POLA MÍNIMA
Informa: Acanor Atlético Novás
Así se levan decidido os dous compromisos que disputaron
Acanor Novás e Balonmán Cisne ata o de agora. No torneo estival que organiza o
equipo rosaleiro ambos conxuntos acadaron a final, que  se resolveu pola mínima (27-26), a prol dos
locales. Na primeira volta da competición doméstica a palma levousa a entidade
que preside por enésima tempada, Santiago Picallo (26-25).
Era a oitaba xornada e con esa derrota o Novás sumaba a
terceira consecutiva e a cuarta da tempada, deixando o equipo nunha novena
posición a sete puntos dos postos que dan o billete ao sector, moi lonxe das
expectativas creadas.
A pesar dos dous puntos perdidos, os de Modesto viñeron de
volta coa sensación de que mereceron máis. E é que realizaran un gran encontro e
tiveron varias ocasións de, a lo menos, conseguir un punto, pero a presión
creada pola necesidade de vencer dados os resultados os interiores, impediron
un premio que mereceron.
Sen embargo, ese encontro marcou un antes e un despois. Logo
de esa derrota, o Acanor non volveu a coñecer ese amargo sabor e cumplese unha
volta na que tan sólo cedeu un punto, en Chapela, e as opcións de sector foron
crecendo ao par que melloraba o xogo do equipo, ata o punto de ocupar
actualmente a terceira posición empatado a puntos co segundo clasificado, Seis
do Nadal.

Para dous xogadores, un en cada equipo, o compromiso
deste sábado será especial porque se enfrentan aos seus ex-equipos. Do lado
local Kevin García e enfronte, Carlos Rodríguez, canteirán, que
por segundo ano defende a camiseta da escuadra pontevedresa, a sua primeira
experiencia como senior fóra do Rosal, que califica ‘de forma moi positiva, xa
que as novas experiencias sempre veñen ben. Ademais no deportivo agora mesmo non pode ir mellor. Estou moi contento e teño moita sorte de estar aquí. Estanme a
tratar xenial e é de agradecer’.
Sobre o momento no que chega o Acanor á cita, para Kevin,
que vestiu a elástica do Cisne fai xa 13 anos, ‘claro que cambiou. Levamos unha
moi boa traxectoria, non só na clasificación se non tamén no xogo, e sería
importante continuala este sábado. Pola súa parte, seguen na mesma liña, non
tiveron alti baixos en toda a campaña e seguro que saen ao 100%’.

Todo apunta a que volverá a ser un partido moi igualado, no
que  ‘a afección, que está a demostrar
que é a mellor da categoría e en todo momento está aí, xogará un papel
importante. Se seguimos así e co seu apoio teremos moitas opcións de doblegar ao
líder’.
Un líder que se está a amosar máis sólido cada xornada que
pasa. Sólo cedeu dous puntos no que vai de campaña, pero ‘Charli’ non se fía.
‘Matemáticamente non hai ningún equipo clasificado. É certo que estamos nunha
moi boa posición pero todavía pode pasar de todo, e ata o sexto cualquera pode
meterse’. 

Kevin tamén pensa que ‘será moi dificil que o primeiro posto se lle
escape aos de Edín. Tiñan que facer todo mal agora de golpe, e non creo que se
dea o caso. A segunda praza si pode ser outro cantar’.

El máis que ninguén, agarda de forma ‘especial este
encontro. Ademáis de con moito respeto. Nunca é doado xogar contra o Novás e
menos na súa cancha’.

Cabe recordar que o partido deste sábado será ás 20:00 h,
logo do convenio co Mecalia Guardés.
Xa profundizando na plantilla rival, o que máis teme o gardarredes rosaleiro ‘é a comunión que lograron formar. Teñen un grupo que aúna
experiencia e xuventude e conseguiron unificala de maneira óptima, e está a
verse reflectido no campo. Ademais hai xogadores que marcan diferencias en
momentos puntuales, como Rafa Dasilva ou a portería’. Mención especial para o sexto
máximo goleador do grupo, ‘Andrés Sánchez, un xogador con menos nome pero que
está a facer un ano espectacular. Ademais de ter gol é moi completo, está
axudando moito aos seus’.
A excepción de Dani Puente, lesionado precisamente ante o
Novás, Edín terá a todos os seus efectivos disponibles para este sábado,
incluída a súa última incorporación, Bruno Montesinos, ex xogador do Cisne que
actualmente militaba nas filas do Rasoeiro, e que chegou para fortalecer a parcela
defensiva.

O que si podería chegar para a cita tan complicada é David
Lechuga
, alonxado das pistas toda a segunda volta por unha lesión de xeonllo e
que apura os últimos prazos da sua recuperación, e que se uniría a unha lista
na que Manu Martínez e Arkaitz Vargas tamén están totalmente recuperados.
O club agarda unha gran entrada, coma sempre nestes
encontros, e cunha afección novamente ilusionada coa posibilidade de xogar
un novo sector, aínda que polo momento, dende a directiva amósanse cautelosos.
Resto de encontros

A excepción de alevíns, que descansarán este fin de semana, e
o equipo de autonómica, que se despraza a Chapela (sábado, 20:00 h), todas as
categorías disputarán os seus compromisos en O Rosal. Os primeros, o Muebles
Costa (infantil), que quere olvidar a derrota do sábado. E pola tarde, antes do
prato forte, Vintanox (cadete) e Xanelux-Novo Portiño (xuvenil), reciben aos
seus homólogos do Moaña.



Novos colaboradores

Dende hai un par de semanas, na pista do Municipal lucen
vinilos coa imaxe corporativa de varios colaboradores.
A clínica de fisioterapia Altair Rodríguez Castro, con local
en A Gándara (A Guarda) e con persoal experimentado e en contínua formación, e
Alfinox, empresa especializada en construcións metálicas e que conta con obreiros experimentados, firmaron un convenio de
colaboración co club para este 2015.
Non son os únicos, xa que a hostelería tamén tendeu a man ao
Acanor Atlético Novás. A Bocatería Barros, con locales en A Guarda e Sandián, é un punto de encontro dende primeira hora da mañá ata altas horas; o
Restaurante Area Grande, que reside na praia que recibe ese mesmo nome, ideal
para menú do día ou cunha carta cos mellores peixes e mariscos.
Tamén na praia, esta vez en Camposancos, o Hotel El Molino e a adega que recibiu o premio ao mellor viño galego de 2014, Quinta de Couselo.

A Xunta Directiva quere agradecer o apoio amosado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies