Novás2
Fotos: Acanor Atlético Novás / Patry Rivas

O Acanor Atlético Novás de José Ramón Muñoz “Jota” e Jimy Fernández, 3º clasificado, xoga a primeira das catro finais que lle restan para intentar novamente estar presente na Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional.

Clasificación Novás

O encontro deste venres 15 de abril fronte ao UB Lavadores será, polo tanto, o penúltimo partido da tempada en O Rosal. Sen os máximos anotadores do equipo, Roberto Rodríguez “Harris” (106 goles) e Alex Tsybanev (83 goles), por sendas lesións, a responsabilidade ofensiva recaerá novamente en Miguel Sío (92), Manu Martínez (78) e Iago Flores (76), entre outros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.