acanor-portugal

Hoxe, sábado 10 de setembro, o club Acanor Atlético Novás ten unha axetreada axenda deportiva. Mentres o seu equipo “B” xoga en O Rosal no debut do adestrador Jimy Fernández, o plantel de Primeira Nacional desprázase a Sao Paio de Oleiros (Portugal) “para a disputa dun amigable coincidindo coa presentación do equipo que dirixe o ex xogador da Academia Octavio, Eduardo Ferreira“.

Trátase dunha nova proba para o conxunto que dirixe José Ramón Muñoz “Jota”, que serve como preparación para o inicio de liga.

Segundo se lembra dende o Novás “outro test importante é o marcado para o martes (O Porriño, 21h), ante o novo Construcciones Castro Club Balonmano Porriño, que conta con reforzos importantes coma Coque Fontenla ou Ángel Soliño“.   

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.