Non puido ser. Pese a dalo todo na pista e intentar dedicarlle a vitoria ao lesionado Miguel Sío, os homes de Ismael Martínez caeron en O Rosal fronte ao Luceros por un apretado marcador de 19 a 21 goles.

Germán Hermida (na imaxe sobre estas liñas, 6 goles), Yago Alonso (4 goles) e César Armán (3 goles) foron os máximos anotadores por parte do Acanor Atlético Novás. No Luceros o “pichichi” foi Alberto Casares (6 goles), ben secundado por David Iglesias (5 goles) e Eloy Villanueva (4 goles).

Tras esta nova derrota, o equipo rosaleiro atópase no 5º posto da clasificación do grupo A da Primeira Nacional con 21 puntos. O líder, Calvo Xiria (30 puntos) perdeu o seu primeiro partido desta tempada, na casa e fronte ao OAR Coruña (24-27).

O sábado 28 de xaneiro o Novás xogará no Lalín Arena (19:00 horas) co segundo clasificado da competición, no que será -o máis seguro- o debut oficial da nova fichaxe rosaleira, o xogador franco-marroquí Seufyann Sayad.

Velaquí vos deixamos a reportaxe dos nosos fotógrafos Óscar Rodríguez Castro (todas as imaxes no seu perfil de flickr) e Ismael Pacheco:

« de 3 »

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.