Festas de San José en Novás

O venres 18 de marzo, coa apertura da cantina “San José”, que permanecerá aberta dende as 22:00 h. ata altas horas da madrugada, dará comezo a Festa de San José 2016 na xuradía de Novás.

Segundo sinalan dende a organización, o sábado 19 de marzo terá lugar a misa ás 12:30 horas, cantada pola coral Ecos do Folón de Fornelos. A cantina estará aberta en compaña dun “pulpeiro”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.