Mar. Ene 31st, 2023
O vindeiro sábado 27 de xullo a web cultural Noticias O Rosal organizará unha RUTA GUIADA POLOS 67 MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN, con motivo da conmemoración do seu V Aniversario en Internet.
O punto de encontro e saída está prevista ás 16:00 horas dende as inmediacións do Muíño das Laxes (nº 1 do Folón, en Martín, actual Oficina de Información).
Intervirán e guiarán esta ruta:
XOÁN
MARTÍNEZ TAMUXE
, historiador, arqueólogo, escritor e
investigador. Presidente do Instituto de Estudios Tudenses. Coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do
Rosal. Conxunto histórico etnográfico de Galicia. 

RAFAEL
DORADO RODRÍGUEZ
, mestre carpinteiro e formador
ocupacional. Na actualidade imparte no Rosal un curso de carpintería dependente
da Consellería de Traballo. Técnico-artesán na restauración de muíños
hidráulicos.
JUAN
RAMÓN MARTÍNEZ BARBOSA
, escritor e guía cultural.
Director de Noticias O Rosal e Homeclaro.com. Coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do
Rosal. Conxunto histórico etnográfico de Galicia.
Inscrición*: 3 € por persoa (nenos/as, gratuíto), que se pode formalizar nos comercios da vila. Xa solicitaron a folla donde poder apuntarse a Peluquería Ignacio, Bar-Tapería A Competencia, Bar Troya, Estanco O Rosal e a Confitería Rogelio.
Se algún local máis quere ser sede ou colaborar tamén con Noticias O Rosal, que contacte con nós nas redes sociais por privado, correo electrónico:
(noticiasorosal@hotmail.com) ou móbil (637 311 007).
Igualmente, dispoñemos dunha conta onde se pode aboar a inscrición para participar na ruta (2080 5439 31 3000104678, Novagalicia Banco), deixando nome e apelidos e a palabra MUÍÑOS como concepto.
A inscrición tamén se pode formalizar o mesmo sábado 27, no punto de encontro, intres antes da saída.
O prezo simbólico de inscrición para esta ruta é de 3 euriños por persoa, que se empregarán para que Noticias O Rosal non desapareza, destinando o recaudado para axuda do mantemento e melloras desta web cultural
Ao finalizar a ruta faremos diferentes sorteos entre todos os participantes.
(En caso de choiva e mal tempo, a ruta celebraríase o seguinte sábado 3 de agosto).
Agardando que colaboredes coa nosa causa e que nos acompañedes nesta máxica andaina pola historia, mitos e lendas destes Muíños do Folón e do Picón, recibide unha forte aperta. ¡Saúdos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies