Noticias O Rosal entrevista a Diego Álvarez Fernández (Pancenteo, 9-12-1983), que despois de conseguir o pasado 5 de xuño en Madrid o título de Entrenador-Monitor Nacional de Fútbol Base, pasa na vila unha pequena temporada de vacacións.
ÁLVAREZ
Marchei coa pena de deixar os meus amigos e coñecidos atrás, pero como ben lles dixen, non volvería sen o título na man. Con moito traballo e esforzo conseguín realizar un dos meus soños e pasións, que é adestrar no mundo do fútbol.
-¿Que materias ou asignaturas estudaches nesa Federación Madrileña, como foi o trato cos mestres e profesionais do balompé?
Dirección de equipos
Entrenamento deportivo.
Metodoloxía
Durante o curso impartiron clases e charlas maxistrais árbitros profesionais, entrenadores nacionais, licenciados en entrenamento deportivo, avogados, médicos e psicólogos deportivos. Quero destacar aquí ao propio director da Federación Madrileña, Julián Ramón Gil Laborda, que tivo un trato exquisito conmigo, eu era o único “galego do grupo” de entre máis de 60 alumnos. Como anécdota, xunto co presidente da Federación, Vicente Temprano (na imaxe sobre estas liñas, no centro), regaláronme diante de todos os compañeiros unha camiseta da Federación Madrileña de fútbol.
Permíteme entrenar ás categorías de fútbol base, que van dende “os chupetines” (entre 5-7 anos), benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís. Ademais, teño acceso a campos de fútbol de toda España e ata o máximo desas categorías (xuvenil). Podo en definitiva participar en campus de verano, e aínda en calquera tipo de evento deportivo fóra do fútbol, grazas ao adestramento xeral e ás probas que teño superado. Podo tamén dar clases de educación física en colexios e institutos privados.
agora -como a ti te gusta chamarlle- na “Jalleira”, no Rosal. ¿Ata que data te quedas, cando volves a Madrid?
momento aínda non teño nada fijo, estarei uns poucos meses, pero como mínimo ata setembro. Estou á
espera de que se convoquen as probas de acceso ao seguinte nivel da Federación, que me
permitiría xa adestrar a equipos de ata 2ª B Nacional.
adestrando no Estadio Municipal de A Mata. Cóntanos.
instalacións. Aquí realizo as probas físicas (carreira contínua, flexibilidade,
balón mediciñal…) e logo probas técnicas (nun circuito deseñado pola Federación Española
de Fútbol).
breve terei un examen e teño que superalas para poder acceder a ese nivel que vos comentaba.
Evalúannos individual e globalmente, tanto as probas físicas como as técnicas.
vés de adestrar ao equipo “Juanitos. Bodegón Os Seixiños” no IV Torneo de
Fútbol 7 Villa de A Guarda. ¿Qué tal a experiencia?
que comezou como broma de “vennos de míster e fai un equipo” acabou por
converterse en algo un pouco máis serio. Intentamos facer un equipo equilibrado,
que fóra físico-técnico e defensivamente moi sólido.
polo voso resultado parece que non o fixéchedes nada mal.
si, un cuarto posto final de entre 24 equipos. Está moi ben, pero aspirábamos a
máis. Foi unha mágoa, pero un partido antes fallounos o físico no centro do
campo, debido á intensidade que lle pedín aos xogadores e coa que disputamos todo o torneo. Por
iso, non termino de estar contento co resultado, creo que o equipo merecía un
premio. Era para chegar a final pero o dito, nos fallou o físico en “semis”.
ser que tedes a un xogador que é un “crack”, que sobresae por riba do resto.
responsabilidade de facer funcionar ao equipo. Chegounos físicamente baixo ao
torneo, pero prefíoroo “coxo” antes que a outro xogador. Ten unha forza motriz
bestial, é moi ambicioso e competitivo. Técnicamente moi
completo, un xogador que se sacrifica polo equipo. Traballador e humilde. Kako é o referente do
equipo.
Farias “Marti”. Porteiro que vén dunha escola de fútbol base, o Eureka, no Val
Miñor e que adestra baixo as ordes de Covelo. Ten 17 anos pero aportounos unha
seguridade e unha colocación moi boa. Caladiño o principio pero logo foi soltándose e xa ordeaba á defensa e ao equipo. Encaixou só 2 goles en todo o torneo (8
partidos), chegando a semifinais coa portería a cero.
Solla. Defensa central. 18 anos, do Tyde (con moitas “noivas”, é pretendido por moitos clubs). Nos deu todo, esa estabilidade defensiva que buscábamos. De aí o non encaixar goles ata
semifinais. Ten potencia, colocación, en definitiva, un xogador moi completo.
Manuel Romero. Lateral esquerdo. Xogador do Pontellas (Preferente), irmán de
Kako, conta con 28 anos. Lateral con moita profundidade, dono e señor da banda esquerda.
É moi seguro en defensa.
Carlos Álvarez. Lateral dereito. O meu irmán. É o veterano do equipo, ten 36
anos. Aportounos intensidade e seguridade defensiva. Sempre cumpre co traballo.
Romero “Kako”. 23 anos. Xogador tamén do Pontellas en Preferente. Como dixen antes, o noso referente.
Álvarez “Kako II”. Mediocentro. Xogou anos atrás no Goián. Aportounos forza,
chegada a portería e goles.
Pereira. Dianteiro. Xogador que nos aguantaba moi ben o balón de costas á
portería. Arrastraba aos centrais, cun desmarque de rotura moi bo. É un
dianteiro goleador que neste torneo non tivo moita fortuna, pero aportounos
moito traballo.
Cabreiras “Roy”. Dianteiro. O “filigranas” do equipo. Calquera parte do seu
corpo utilízaa como recurso. Aportounos intensidade, gol e sobre todo, fixo
moito grupo, caíu en gracia no equipo.
Fernández “29”. (jajajaja) é o noso comodín. Todo comezou fai tres anos, cando
decidimos ir xogar un fin de semana a este mesmo torneo, “en plan risas”. 29 ten un físico fóra do común. Aportounos todo o que puido –que non foi pouco- ata que
se lesionou no seu xeonllo.
acompañáronnos tamén nalgún partido 10) Carlos Ubeira, xuvenil do Pontellas
e 11) Adrián, de nacionalidade danesa, que cumpriron co traballo esixido.
ano tivéchedes como patrocinador ao Bodegón-Tapería Os Seixiños, rexentado por outro rosaleiro. Cóntanos máis.
conversacións comezaron xa no mes de decembro de 2013, cando estiven en Galicia.
Propúxenlle a Sergio Rodríguez “Trinta” facer un equipo de fútbol. Patrocinounos e
involucrouse ao máximo, dende pagarnos a inscrición ata facernos as camisetas.
Colaborou en todo momento, incluso asistindo aos partidos, foi o noso “Tito
Floren” (jejeje). Quero agradecerlle enormemente o seu compromiso con nós dende o
primeiro día.
houbera un once ideal do torneo. ¿cres que habería algún integrante do equipo “Juanitos. Bodegón Os
Seixiños”?
min, por suposto, o meu equipo é o mellor sempre. Tres xogadores dos Juanitos
estarían tranquilamente nese once, na miña opinión: Jorge Solla, Samuel Romero
“Kako” e José Manuel Romero. Estiveron a un nivel altísimo.
nosas claves foron, por exemplo, que propuxemos unha defensa moi férrea, que
nos permitiu como xa dixen, chegar a semis sen encaixar un gol.
Seguridade e colocación.
Moi férrea e concentación.
Estabilidade e unión.
Sacrificio e gol.
si, o que lles ordenaba en cada momento os xogadores levábano a cabo correctamente, mostrando
respecto e confianza en todo o que se lle indicaba. Contento, pois fixemos algunha variante
táctica que logo no campo se ía transformando en realidade.
verdade, adoito asistir ao Estadio Santiago Bernabéu, como socio e afeccionado da
institución. Estiven tamén no Vicente Calderón, destacando o partido entre as seleccións de España e Italia, que rematou 1-0, con gol de Pedro, sendo o debut de Diego Costa, con homenaxe a Luis Aragonés incluído.
nivel. Cando ten o balón nos pés date seguridade, como que vai a progresar con el e que vai a
crear perigo en cada acción. Xoga moito co corpo, con esas largas pernas… ¡é
incrible! Outros xogadores, como por exemplo Modric, tamén podería encher folios falando del. É moi completo. Logo está Ramos (raza e carácter), Rakitic, que me deslumbrou no Bernabéu… Andrés Iniesta, Bernat (lateral do Valencia agora fichado polo Bayern), Pablo Infante do Mirandés, para ser de categorías máis baixas, sorprendeume. Un xogador técnicamente moi dotado. Santillana, dos “veteranos”, cos anos que ten, física e técnicamente segue gardando o seu xogo. E, por suposto, Cristiano Ronaldo, que ten un físico prodixioso, potencia, velocidade, é un portento físico, puro e duro.
e a vida pola capital de España? ¿Adáptaste, lévalo mellor?
ben saben os que me coñecen, non me é moi doado alonxarme da Terra (Jalleira).
Xa son catro anos por Madrid e a morriña… ufff. Tírame moito isto, pero… o que
pasa é que como di o refrán “o que algo quere, algo lle custa”.
-Diego, envía para quen queiras unha
mensaxe ou unhas palabras para Noticias O Rosal e os seus lectores/as.
meu sincero agradecemento a Noticias O Rosal e a Juan Ramón por esta entrevista. Grazas tamén ao Concello do Rosal, pola súa cesión do Estadio Municipal para que poida adestrar e por estar sempre axudando no que se lle pide. Agradecemento ao
Bodegón Os Seixiños, a todos os que respetan o que fago, o que me
gusta. Aos meus amigos, aos meus compañeiros de clase na Federación e a todos
os mestres e directivos polo seu trato. E por suposto, grazas a Patri, xa que sen ela todo isto
sería imposible. Un saúdo para todos.
Diego, coa súa moza, Patri, no Estadio Vicente Calderón
Diego por concedernos esta entrevista. Dende Noticias O Rosal, moitos éxitos na túa carreira
deportiva. ¡Desexámoste o mellor!
Ler isto, non sei por que, púxome a carne de galiña.
Estou mou orgullosa de Diego, por todo o que loita para conseguir sempre o que quere.
Moitas gracias Juan por todo, graciñas de verdad, por aconsellalo e demais.
'¡NORABOA JUANITOS, SODES GRANDES!