Mar. Dic 7th, 2021

 

Información e fotografías: Asociación Galega de Footgolf / N.C.

O deportista rosaleiro Noé Cortiñas Brey vén de ser convocado pola Selección Española de Footgolf* para preparar o vindeiro Mundial que se celebrará en Xapón en 2021 (Road To Japan).

*Que é o footgolf? “Trátase dun deporte que consiste na fusión do fútbol e do golf onde os xogadores golpean un balón de fútbol para introducilo nos buratos no menor número de golpes posible. Foi creado en Holanda no 2009. Xogáronse tres mundiais, en Hungría 2012, Arxentina 2016 e Marruecos 2018“.

Noé Cortiñas Brey ten a honra de ser o primeiro xogador galego que é chamado polo combinado nacional. Uns 500 “FootGolfers” de máis de 30 países reuniranse do 22 de setembro ao 3 de outubro de 2021 na cidade de Sakura, prefectura de Tochigi, para determinar ao número 1 do Mundo.

¡Dende aquí, a nosa sincera noraboa Noé… e moita sorte, crack!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies