O pasado 18 de marzo creouse en O Rosal o canal #RADIOROSAL, un podcast (radio online á carta) sobre O Rosal e o Baixo Miño, dirixido por Juan Ramón Tamuxe, responsable tamén desta web cultural dende o ano 2008.

RADIOROSAL conta a partir do martes 24 con páxina oficial en facebook. Polo momento, emítense dous programas na plataforma iVoox practicamente a diario: “Historias de O Rosal” (con 7 capítulos gravados) e “Coronavirus no Baixo Miño” co seu episodio piloto.

Esta radio cultural e deportiva está aberta á participación de todos/as. Podes contactar ou propoñer temas para o seu desenrolo en radio@noticiasorosal.es e no teléfono 651 517 402.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.