Segundo comunica o Concello, a Banda da Agrupación Musical do Rosal “adapta o seu tradicional Festival de Músicos Xoves á nova realidade que trouxo a crise sanitaria por mor da COVID-19. Ante a imposibilidade de xuntar nun mesmo espazo e mantendo a distancia de seguridade aos seus máis de 70 compoñentes, a agrupación decidiu modificar o formato deste festival que se viña celebrando dende hai xa 30 anos para seguir levando a música a cada recuncho do municipio rosaleiro”.

Nacen seis ensembles instrumentais que toman o seu nome “homenaxeando a personaxes senlleiras na historia da Agrupación Musical, como Pepe Flores, José Vicente Simeó, Nani Matos ou Emilio Rodríguez. A estes grupos hai que sumar o grupo de cámara formado polo alumnado máis novo da escola de música e o grupo de clarinetes ‘Klason’, de longo percorrido na Agrupación.

Os concertos concéntranse na segunda e terceira semana de agosto, comezando o martes 11 no campo de balonmán de Novás e rematando o sábado 22 cun concerto na Praza do Calvario, conmemorando así o día no que se tería celebrado o Festival de Músicos Xoves.

Nota de prensa completa, aquí.

PROGRAMACIÓN DE VERÁN DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL:

11 DE AGOSTO: NOVÁS (CAMPO DE BALONMÁN)
21:00 BRASS BAND “José Vicente Simeó”

12 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)
21:00 Quinteto de metais “Alfonso Ulloa”

13 DE AGOSTO: SAN XIÁN (TORREIRO)
21:00. Grupo de saxos “Emilio Rodríguez”

14 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)
21:00 Ensemble de ventos “Nani Matos”

15 DE AGOSTO: O CALVARIO (PRAZA)
21:00 Ensemble de madeira “Pepe Flores”

16 DE AGOSTO: SAN MIGUEL (ALAMEDA)
22:00 Grupo de saxos “Emilio Rodríguez”
Grupo de clarinetes Klason

18 DE AGOSTO: FORNELOS (ADEGA LAGAR DE CERVERA)
21:00 Ensemble de madeira “Pepe Flores

20 DE AGOSTO: TABAGÓN (PRAZA DO MAIO)
21:00 Cámara da escola

21 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)
21:00 DEXTRUM ENSEMBLE. Cuarteto de saxofóns

22 DE AGOSTO: O CALVARIO (PRAZA)
22:00 BRASS BAND “José Vicente Simeó”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.