escola-superior-gallaecia-juan-o-rosal-xoan-martinez-tamuxe1

O pasado venres 2 de decembro, os escritores rosaleiros Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa, autores do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia, ofreceron unha charla-entrevista en Vila Nova de Cerveira (Portugal) aos alumnos e alumnas de 1º de Arquitectura da Escola Superior Gallaecia. 

libro-muinos-do-folon-e-picon-o-rosal

O obxectivo desta internacional ponencia foi para, segundo o seu mestre Alejandro López, “poder exponer sus dudas e inquietudes relativas al conjunto de los molinos del Fólon y Picón con vista al proyecto que deben hacer”.

ruta-guiada-muinos-do-folon-picon-noticias-o-rosal-47

Os estudantes, que acaban de finalizar a fase de levantamento gráfico dos muíños (Carreira de Martín) “se adentran ahora en la fase de análisis del lugar y desarrollo del proyecto. Este consiste en crear un Espacio Arquitectónico delimitado que tenga que articularse con el contexto existente de forma a potenciar el potencial del lugar y minimizar las fragilidades del mismo”, sinalou López.

tamuxe-escola-superior-gallaecia

Tamuxe e Juan Ramón responderon, unha a unha, todas as cuestións formuladas polos futuros arquitectos/as, facendo fincapé en que os 67 Muíños do Folón e do Picón son únicos no mundo, tanto pola súa cantidade como pola súa disposición xeográfica.

juan-ramon-martinez-barbosa-escola-superior-gallaecia-o-rosal-vila-nova2

En declaracións a Noticias O Rosal, os autores resaltan desta charla que “foi unha experiencia moi positiva. Temos que dar as grazas á Escola Superior Gallaecia e aos seus mestres Ana Lima e Alejandro López polo convite. É un pracer seguir explicando e promocionando este máxico enclave do Rosal máis alá das nosas fronteiras”.

rutas-guiadas-polos-muinos-do-folon-e-picon-o-rosal

Os Muíños do Folón e do Picón foron declarados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia en 1998. Ademais, dende hai uns anos, a súa ruta de sendeirismo está homologada pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 94), sendo un dos atractivos e reclamos histórico-naturais máis importantes da vila do Rosal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.