Segundo nos veñen de comunicar varios dos nosos lectores, estase preparando dende o Baixo Miño unha viaxe organizada para asistir ao coñecido XXI Festival de Arte-Nativo Viña Rock (Villarrobledo-Albacete) que se celebrará os vindeiros días 28, 29 e 30 de abril.
Os coordinadores desta expedición -que sairá o mércores 27 deste mes- sinalan que xa hai 19 inscritos, na súa maioría veciños/as da Guarda e O Rosal, precisando 6 persoas máis para encher e contratar un económico, rentable e cómodo microbús da empresa A.T.S.A. para poder disfrutar todos tranquilamente, despreocupándose de levar vehículos propios.
Este autobús, para quen desexe ir ao Viña Rock, sexa da provincia galega que sexa, establecerá ademais da vila da Guarda, como “punto de recollida de pasaxeiros” a Praza de España de Vigo.

Hola buenas me gustaria saber si al finl hicisteis el autobus ya que estoi bastante interesado.gracias un saludo ☺