AlexTsybanev
Álex, a punto de lanzar dende os 7 metros. (Foto: Noticias O Rosal)

Sucédense as mensaxes de ánimo para a pronta recuperación de dous dos máximos goleadores do Novás, Roberto Rodríguez “Harris” e Alex Tsybanev. Este último estará cinco semanas lesionado.

Tal e como se comunica dende o Acanor Atlético Novás, que preside Andrés Senra, “o maior dos irmáns Tsybanev, que leva dúas xornadas sen xogar, ten unha rotura de fibras” que o apartará das pistas “aproximadamente un mes”. 

Baixa sensible -lembran dende o club rosaleiro- que deixa a primeira liña coxa, trala grave lesión sufrida por Harris.

Novás Oar A Coruña

Precisamente, o pavillón municipal do Rosal, acollerá hoxe, sábado 2 de abril, a partir das 19:00 horas, o partido de balonmán correspondente á xornada 25 da Primeira Nacional entre o Acanor Atlético Novás e o Oar A Coruña.

Os homes de José Ramón Muñoz “Jota” e Jimy Fernández sairán a pola vitoria, a bo seguro, tamén para dedicarlla aos seus compañeiros mancados, Harris e Alex.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.