“A miña é a mellor tortilla do mundo“. Esta frase, que a bo seguro a escoitamos moitas veces na nosa vida -xa a amigos, xa a familiares- foi repetida o pasado sábado 11 de marzo, con motivo da tradicional Feira de San Gregorio, pois Pías (O Rosal) celebrou o III Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca.
Este evento gastronómico foi, sen dúbida, o máis concorrido dende a súa creación, tanto en canto a público como a participantes. Nada máis e nada menos que 25 concursantes animáronse a competir nesta terceira edición.
Segundo a Organización “presentáronse 13 tortillas na modalidade de innovación e 12 tortillas na modalidade clásica (isto é, ovos, patacas e, como moito, cebola)”. O presentador deste III Concurso, Juan Ramón Martínez Barbosa, foi o encargado de ir comentando todos os pormenores dun certame gastronómico que volveu a contar cos xuíces Óscar, Brais e Noly coa nova incorporación de Pablo.
Realmente curiosas foron algunhas das tortillas “innovadoras” presentadas ao concurso. En Pías puidéronse ver tortillas de torrenos, de bacallao, de boniato caramelizado, de chourizo e champiñóns, de gambas, de castaña, de tetilla ou mesmo unha “tortipizza”…
Inés Pereira volveu a convertirse na “Raíña da Tortilla” ao revalidar o seu título do pasado ano na modalidade de innovación coa súa torta de hojaldre.
Este foi o “cadro de honra” das diferentes modalidades.
TORTILLA CLÁSICA TORTILLA INNOVACIÓN
Campión: Da Joreña. Campiona: Inés Pereira.
Subcampión: Javi González. Subcampión: César Lorenzo.
3º posto: Rosa Fernández. 3º posto: Beatriz Mauri.
Velaquí vos deixamos algunhas imaxes deste III Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca de San Gregorio (Pías-O Rosal).