Agrupación Musical do Rosal1
O director, José Javier Bascoy xunto ao presidente da Agrupación, Iván Diego Martínez. (Foto: J.R.)

Informa: Agrupación Musical do Rosal.

Ata o 15 de setembro permanece aberto o prazo de matrícula para o curso 2016/2017 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.

A Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal está autorizada pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita co código de centro 36000843 no rexistro de escolas de música.

As materias que se imparten son as seguintes:

– Iniciación Musical (de 4 a 7 anos)
– Linguaxe Musical (a partir dos 8 anos: 1º, 2º, 3º, 4º e 5º)
– Solfexo para adultos
– Harmonía

– Instrumentos: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Violoncello, Percusión, Piano, Guitarra, Gaita

– Tamboril, Pandeireta
– Baile Tradicional

– Grupos
Minibanda
Banda Infantil
Música de Cámara
Coro Infantil (a partir dos 3 anos)
Coro de Voces
Coro de Adultos

As clases darán comezo o 3 de outubro, e realizarase unha reunión previa cos alumnos matriculados.

Para máis información poden dirixirse a oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986.626.311 ou 609.866.792

AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL
R/ Couso, s/n – Auditorio
36770 O Rosal (Pontevedra)
Tlf: 986.626.311 / 609.866.792
www.agrupacionmusicaldorosal.com 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.