Mario Fernández (C.C. O Rosal) vén de gañar hoxe, 8 de decembro, o I Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocross na categoría cadete, novena proba valedeira para a Copa Galicia.

Tal e como podemos ler na web do Club Ciclista da vila, “era o día de Mario Fernández que nunha carreira moi intelixente, foi controlando a unha distancia prudente. Nas derradeiras voltas atacaba con firmeza para levarse a vitoria e ao mesmo tempo facerse coa camisola de líder da Copa Galicia a falta de dúas probas para o seu remate”.

Máis información, aquí

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.