Marcos Dorado O Rosal Torrelavega (4)

O pivote rosaleiro Marcos Dorado, que vén de renovar polo Balonmano Torrelavega, comezará este sábado 10 de setembro a Liga en División de Honor Prata. Segundo afirmou recentemente, tras ser o “cabeza de cartel” deste encontro: “Esperemos ser una tormenta y hacer que se queden en casa los 2 primeros puntos”.

No regreso do club á “Segunda” do balonmán nacional, “El Escuadrón Naranja” enfróntase no Vicente Trueba (18:30 horas) ao BM Alcobendas.

Marcos Dorado O Rosal Torrelavega (5)
Fotos: Guillermo Alonso / Saúl Ceballos / BM Torrelavega

Ao noso veciño e aos seus compañeiros lles espera neste inicio unha etapa de primeira categoría con duros enfrontamentos -entre outros- co filial do F.C. Barcelona ou mesmo coa visita do SD Teucro (recente campión da Copa Galicia ao vencer ao Frigoríficos Cangas de Dani Cerqueira e Paulo Dacosta).

¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte e éxitos, Marcos, para esta nova tempada 2016/17!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.