O deportista rosaleiro Marcos Pérez, de Marzán, debutará en competición este venres 23 de abril en Noia (A Coruña) con motivo da 1ª Velada Benéfica en apoio á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva, organizada polo Club Deportivo SKT.

Marcos (78 kg), pupilo do adestrador goianés Charly López, combatirá na modalidade de Savate (boxeo francés) representando ao Spartan Team Tomiño. O seu rival será o subcampión galego Alberto Maril “Jang” (The Garage-Santiago).

O ‘savateur’ de O Rosal será un dos 14 púxiles que loitarán, a partir das 19:00 horas, no pavillón municipal Agustín Mourís. O aforo é limitado, pero a Federación Galega de Boxeo emitirá en directo e gratuítamente a velada a través da súa canle de Youtube.

Dende Noticias O Rosal moita sorte a Marcos e ao Spartan Team!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.