Marcos Dorado. (Fotos: Fertiberia Balonmano Puerto Sagunto)

O pívot rosaleiro Marcos Dorado vén de fichar polo Fertiberia Balonmano Puerto Sagunto (PSG) tras o seu periplo no Balonmano Torrelavega (que precisamente se enfronta hoxe ao Acanor Atlético Novás).

Segundo recentes declaracións de Dorado: “tenemos un buen grupo. Espero que la suerte nos acompañe y logremos el objetivo, que es subir de nuevo al equipo a ASOBAL”.

O novo ‘team’ de Marcos Dorado arranca hoxe (16:30 horas) a Liga en División de Honor Prata medíndose a un dos favoritos da categoría e vello coñecido da afección do Rosal, o Club Balonmano Nava. Podes seguir o partido en directo aquí

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa e moita sorte Marcos nesta nova aventura! 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.