gabriel-marcelli-antas-almeria
Gabri, na competición de Almería. (Fotos: J.C. Vázquez)

O piloto do Rosal, Gabriel Marcelli Carballido, vén de conseguir a súa primeira vitoria da tempada de TR2 en Antas (Almería-Andalucía), na última proba do Campionato de España de Trial 2016, superando a José María Moral (2º) e a Sam Obradó (3º).

clasificacion-gabriel-marcelli

Con Marc Freixa (probador do equipo HRC Honda e campión dos Estados Unidos) como mochileiro, o noso crack consegue desta maneira un meritorio 4º posto nunha clasificación xeral de TR2 que finalmente dominou o piloto Marc Riba (Gas Gas).

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa Gabri e moita sorte na túa nova etapa por Cataluña!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.