Manu Martínez Novás
Fotos: Noticias O Rosal / Acanor Atl. Novás

Aínda que era un “segredo a voces”, segundo se comunica dende o Acanor Atlético Novás, o lateral esquerdo/central rosaleiro Manu Martínez herda o brazalete deixado por Víctor Armán e será o capitán a tempada 2016/2017 logo de ser elexido polo vestiario. 

Xunto a el, lembran dende o club rosaleiro, completarán a capitanía o porteiro Kevin García e outro canteirán, César Armán

Ademais “na tarde-noite deste martes 16 de agosto botan a rodar os dous equipos senior. Tanto o Acanor Novás de Primeira Nacional como o de Primeira Autonómica realizarán no pavillón a primeira sesión desta 2016/2017”.

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa e moita sorte a todos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.