Duro rival, sen dúbida, o Saeplast Cañiza, que lle puxo moi difíciles as cousas ao Acanor Atlético Novás en O Rosal, aínda que a vitoria foi para o equipo local por un marcador final de 22 a 19 goles (12-10 ao descanso).

O capitán do Novás, Manu Martínez, autor de 8 goles e a formidable actuación do cancerbeiro Roberto Calvo “Rober”, xunto coa aportación anotadora de Germán Hermida (5 goles) e a condución do xogo por parte do central César Armán (2 goles) foron vitais para impoñerse ao conxunto cañicense.

Destacar deste partido o debut na Primeira Nacional do xuvenil do Novás, Manu Dorna e a presenza do rosaleiro Esteban Martínez Vicente xogando nas filas do Saeplast Cañiza.

Tras este novo triunfo os homes de Ismael Martínez seguen no 5º posto da clasificación, sendo o segundo equipo menos goleado tras o líder Calvo Xiria, que vén de ceder un empate fronte ao Luceros (25-25).


O sábado 4 de marzo (20:30 horas) o Acanor Atlético Novás xogará na casa do Granitos Ibéricos en partido correspondente á xornada 22, intentando arañar uns puntiños para afrontar o final de Liga o mellor situado posible no grupo A da Primeira Nacional.

Velaquí vos deixamos a reportaxe do fotógrafo e colaborador de Noticias O Rosal, Óscar Rodríguez, así como as demais imaxes deste encontro: 

« de 5 »

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.