Informa: AEDL Concello do Rosal
EXPERTOS
ASTURIANOS FALARÁN SOBRE NOVAS EXPECTATIVAS AGROFORESTAIS PARA  A BISBARRA DE VIGO-BAIXO MIÑO
Este xoves 20
de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar na sala de exposicións do concello de O Rosal unha xornada informativa subvencionada polo programa Leader Galicia, sobre
Novas expectativas agroforestais: a experiencia dos froitos do bosque noutros
territorios
”.
Ademais da
presenza do alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela, e da presidenta do
AGDR MAIV-Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, contaremos como
poñentes técnicos co xerente do GDR Bajo –Nalón (Asturias), Juan Antonio
Lázaro, e co presidente da cooperativa L´Andecha Praviana, Fernando García, que
nos falarán da experiencia da produción, transformación e comercialización dos
froitos do bosque en Asturias.
Esta xornada complementarase
cunha viaxe ao territorio do Bajo Nalón os próximos días 10-11 de abril, para
coñecer “in situ” os proxectos alí desenvoltos, e recibir información de
primeira man de enxeñeiros, produtores, comercializadores e transformadores da
zona.

A participación
no acto é libre e gratuíta, previa inscrición no AGDR MAIV-Baixo Miño,
e xa contamos cun cento de persoas rexistradas para asistir a este interesante
evento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.