Lun. Ene 30th, 2023

Lucía Ameal Ribera web

Segundo informa a U.D. Ribera, a porteira Lucía Ameal Pereira se desprazará esta fin de semana á localidade almeriense de El Ejido para disputar o Campionato de España coa Selección Galega sub-12Lucía leva varios meses adestrando co combinado galego para preparar a competición.

Comezaron sendo máis de trinta xogadoras e agora quedan 14 elixidas que representarán a Galicia no Campo de Fútbol de Santa María del Águila (herba sintética). Non o van a ter nada doado porque o sorteo deparou rivais realmente complicados, Cataluña e Madrid principalmente, ademais da vixente campiona que é Asturias. Ceuta completa un grupo extraordinariamente difícil que ao mesmo tempo representa un reto para o noso combinado.

Todas as rapazas afrontan con enorme ilusión esta oportunidade, como tamén a dupla de seleccionadoras, debutantes nun Campionato de España: Susú Cores e Cristina Escudeiro.

Cabe destacar que na convocatoria de 14 hai ata 10 clubs representados.

CONVOCATORIA
DORSAL XOGADORA CLUB

1 NURIA GÓMEZ SÁNCHEZ C.D. SAN MAMED
2 PAULA GONZÁLEZ JORGE SAN MIGUEL C.F.
3 JENNIFER VILA ARMADA VICTORIA C.F.
4 UXÍA DOS SANTOS RODRÍGUEZ E.D. AROUSA S.D.
5 AROA M. GONZÁLEZ GONZÁLEZ GALICIA DE CARANZA
6 LAURA IGLESIAS BALSA E.D. AROUSA S.D.
7 CARMEN CARBALLADA RODRÍGUEZ C.F. MONFORTE
8 LAURA YÁÑEZ PIÑEIRO VICTORIA C.F.
9 ANA TOUBES OPAZO PABELLÓN PROMESAS
10 MARTA RICO BELLO C.C.D. CERCEDA
11 SOFÍA FERNÁNDEZ CAMPOS VICTORIA C.F.
12 ANDREA VIGO QUINTAS A.C.D. ESC. DEP. ARZÚA
13 LUCÍA AMEAL PEREIRA U.D. RIBERA
14 VERA OUBIÑA OTERO E.D. AROUSA S.D.

CALENDARIO
DÍA HORA PARTIDO

Venres 22 10:15 Galicia – Asturias
Venres 22 17:00 Madrid – Galicia
Sábado 23 10:45 Galicia – Cataluña
Sábado 23 13:00 Ceuta – Galicia
En caso de clasificación
Sábado 23 18:00 Cuartos de final
Domingo 24 10:00 Semifinal
Domingo 24 11:30 Final

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies