Harris Novás portada

Segundo comunica o Acanor Atlético Novás, o xogador rosaleiro Roberto Rodríguez Vicente ‘Harris’, “máximo anotador do plantel e décimo terceiro da categoría (106 goles), someterase a unha proba médica para determinar o alcance da lesión sufrida no xeonllo o pasado sábado ante o Balonman.com Pontevedra. Aínda que nun principio non reviste gravidade, a resonancia determinará o alcance da contusión”.

Lembran dende o Novás que “a do lateral zurdo é a enésima lesión no calvario particular que viven os homes de Jota e Jimy durante este 2015/2016. Tralo regreso de César Armán a última xornada despois dun mes afastado dos terreos de xogo, a última hora caíanse Sergey (por unha lesión nos ligamentos) e o seu irmán (Álex) por prevención”.

Lamentan dende o club rosaleiro que estes contratempos físicos mermen o rendemento do equipo, “no que tan só cinco xogadores puideron estar a disposición do corpo técnico ata a data en todas as xornadas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.