
A judoka rosaleira Verónica Pérez Pacheco (-52 kg) do C.D. Baixo Miño, vén de conseguir a unha nova medalla de ouro, desta vez na IX Supercopa de España Júnior celebrada o sábado 18 de xuño en Cáceres e que estivo dirixida a deportistas con idades comprendidas entre os 15 e os 20 anos (ambos inclusive).
Segunda, tras Vero, foi a portuguesa Jimena Esparza, completando o podium a madrileña Mónica Martínez de Rituerto Morillas e a aragonesa Alejandra Pérez Águeda.
Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa unha vez máis, Vero! Parabéns!