Novás equipo
Na presentación do Acanor Novás 2016/17 na Feira do Viño do Rosal

Xa é oficial. O club Acanor Atlético Novás que preside Andrés Senra e o seu equipo de Primeira Nacional, contarán a partir desta ilusionante tempada 2016-17 con “speaker” para os partidos que se xoguen no pavillón municipal rosaleiro.

Acanor Novás
Momentos da presentación de todas as categorías do Acanor Novás 2015.

Juan Ramón Martínez Barbosa, emprendedor sociocultural, escritor e director de Noticias O Rosal, será o encargado de presentar os encontros e actos deportivos do club de balonmán da vila.

zTrofeo Concello do Rosal Acanor Novás 2016 (107)
O “speaker” con Dani Cerqueira, Xavi Díaz e Paulo Dacosta (2016)

“É para min un pracer e unha honra seguir colaborando como “speaker” co Acanor Novás, agora xa oficialmente. O meu agradecemento a Moncho Vicente, Andrés Senra e a toda a directiva do club por confiar en min. Espero non defraudar nin a eles nin á fiel afección do Novás. Oxalá este ano, coa axuda e o ánimo de todos, podamos celebrar de novo o tan ansiado ascenso á División de Honra Prata”, sinalou Juan Ramón.

Juan Ramón O Rosal Acanor Atlético Novás
Juan Ramón, coa bufanda do Acanor Atl. Novás en New York (2015)

A primeira fin de semana de outubro comezará a emocionante Liga 2016/17 en O Rosal, coa participación do “speaker”, presentando aos xogadores e narrando e celebrando -oxalá- os moitos goles que o equipo local de José Ramón Muñoz “Jota” e Jimy Fernández materialice.

¡Noraboa a todos/as e Aúpa Novás!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.