📸 Juan Galán
Tal e como se informa dende o Concello do Rosal: “este xoves 24 a Biblioteca municipal acolle a presentación do libro ‘Romanza de los naranjos en flor’, a novela coa que o filólogo, docente e investigador Juan Galán inicia a súa carreira literaria. Será a partir das 19.30 horas con aforo reducido e entrada de balde e libre ata completar prazas. A presentación contará con todas as medidas de prevención e seguridade marcadas polas autoridades sanitarias.
Romanza de los naranjos en flor’ é unha combinación de novela histórica e de intriga que transcorre durante a Guerra Civil española. Cunha estrutura complexa, con diversas voces narrativas e con saltos no tempo, o libro inclúe ademais entradas nun caderno a modo de diario, cartas, informes e novas xornalísticas.
Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago, Galán viviu en países de varios continentes e traballou como profesor de inglés en Karoi, Zimbabwe”. Máis info na web do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.