José Ramón Muñoz Jota Novás O Rosal

Informa: Acanor Atlético Novás

O adestrador José Ramón Muñoz ‘Jota’, seguirá ao frente do Acanor Atlético Novás.

O técnico (Porriño, 1973), vivirá así a súa quinta campaña en O Rosal, segunda nesta etapa. Club e preparador selaron este venres o acordo e dende xa traballan no próximo curso.

Un acordo que foi ‘moi sinxelo. Eu volvín a este club co único obxectivo de devolvelo á División de Prata e mentras o club siga confiando no meu traballo non deixarei de intentalo. Ambas partes consideramos que podemos conseguilo pola vía actual e cremos que este esforzo dará os seus froitos’ indicou o porriñés.

‘Aquí síntome moi a gusto, teño bos amigos e síntome querido e respectado por todos. A directiva preocúpase de que todo marche polo bo camiño e xogar neste pavillón coa forza deste público é un privilexio. Sen dúbida dispoño de todos os ingredientes necesarios para disfrutar do meu traballo e cociñar un bo proxecto’ seguiu comentando Jota.

Polo bando da directiva, o presidente Andrés Senra, amosouse contento e indica que ‘sabíamos que non habería problema. Cando fichou polo Novás foi por un ano, pero sempre falamos dun proxecto para varios anos. Confiamos no seu traballo e como ben di, non tardará en dar os seus froitos’.

Xa falando sobre a tempada que está a piques de rematar, na que o Acanor aínda ten posibilidades matemáticas de xogar o sector, o técnico resalta que está a servir para ‘conxugar xogadores novos e implantar unha filosofía de xogo. As expectativas eran moi altas e as cubrimos durante bastantes xornadas. Lástima o aluvión de lesións que tivemos, sobre todo nos partidos máis esixentes (os dous de Xiria e na casa co Chapela). O equipo ao completo estivo nunha boa liña e con ausencias non tanto. Aínda así, nestas últimas xornadas, pese as baixas de Alex e Harris rendimos a bo nivel. En facetas defensivas e portería somos o equipo menos goleado, o traballo de Jimy cos porteiros e os vídeos de Xabi están dando os seus froitos e en ataque somos dos equipos que máis goles fai. Aínda así somos conscientes de que temos que mellorar en varios aspectos’.

E cuestionado xa sobre a 2016/2017 recoñece que lle gustaría ‘manter o groso do bloque e sigamos, deste modo, mellorando sobre o traballado este ano. Son optimista e creo que este proxecto con un ano máis pode crecer e madurar pra chegar a unha fase e competila con garantías de éxito. Desexo dar moitas alegrías aos nosos seguidores, agradezco a confianza depositada en min e todo o traballo dos meus xogadores e colaboradores. ¡Hala Novás!’

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.