Vie. Sep 30th, 2022
JoseyRosyORosal1
Jose & Rosy nunha actuación en Dallas (Texas-USA)

Os bailaríns rosaleiros José Manuel González Treinta e Rosa María Rodríguez Araújo, coñecidos internacionalmente no mundo do baile como “Jose & Rosy”, comezarán mañá día 14 e ata o 25 de abril unha nova xira por Estados Unidos que os levará a realizar actuacións en Boston, Washington, Miami, Atlanta, Augusta e New York.

Jose-Rosy

Lembramos que a parella do Rosal realizou a súa primeira xira americana en outubro de 2014 actuando en cidades como Houston, Dallas, San Antonio, Mcallen, Austin ou mesmo Chicago. Esta será, se non nos fallan as contas, a súa terceira experiencia por EEUU, xa que a finais do pasado ano volveron a bailar en Houstou e Dallas, entre outros congresos.

¡Dende Noticias O Rosal, boa viaxe e moita sorte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies