JOSE-ROSY

Os internacionais bailaríns do Rosal, José Manuel González Treinta e Rosa María Rodríguez Araújo, coñecidos profesionalmente como “Jose & Rosy”, xa viaxan a terras americanas para afrontar unha nova xira ao outro lado do “charco”, que os levará por New York, Chicago, Atlanta, Dallas ou Washington DC.

Hoxe, venres 2 de setembro, e para comezar o “Tour” por Estados Unidos, impartirán como mestres en New York, a “Cidade dos Rañaceos”, unha clase de Bachata Sensual.

¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa. Que o disfrutedes!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.