Un lance do partido de onte. (Fotos: Atlético Valladolid / Diego Santamaría)

Javi Díaz, o veterano gardameta rosaleiro do Recoletas Atlético Valladolid, vén de firmar outra actuación superlativa na máxima categoría do balonmán nacional, xa que onte, sábado 1 de abril, “salvou os mobles” para os de Pucela no partido que os enfrontou ao BM. Benidorm.

Co tempo cumprido, o noso veciño de Fornelos parou un penalty, desatou a “locura” e converteuse no heroe para os máis de 2000 afeccionados que presenciaron o encontro, tal e como reflicte a web vallisoletanacon emoción y angustia el Recoletas Atlético Valladolid se llevó la victoria ante el BM Benidorm (30-29) en un partido tenso, igualado y marcado por la parada final de Javi Díaz, a lanzamiento de 7 metros de Pablo Simonet, con el tiempo cumplido. La brillante actuación del guardameta en ese último lance evitó que el Recoletas Atlético Valladolid perdiera un punto muy valioso en la lucha por la permanencia. VÍDEO

La victoria deja a los de Nacho González con 20 puntos, con 8 de ventaja sobre los dos equipos de la zona de descenso, Frigoríficos Morrazo y BM Benidorm, y con siete partidos por jugarse. Un triunfo más podría dar la salvación virtual al Recoletas Atlético Valladolid“.

Tras finalizar a contenda, os adestradores de ambos equipos rendíanse á calidade de Javi Díaz. O míster local confesaba que “hemos tenido un final feliz. Javi ha hecho un buen partido“. Pola súa banda, o coach do Benidorm, Zupo Equisoain, recoñecía que foi “una lástima porque el equipo ha peleado (…) Javi Díaz ha estado muy bien”.      

Javi Díaz. (Foto: Arquivo Noticias O Rosal, 2016)

¡Dende Noticias O Rosal, de novo a nosa sincera noraboa para o “eterno” gardarredes, Javi Díaz, que a bo seguro seguirá escribindo memorables capítulos na súa xa dilatada e histórica carreira na Asobal e no balonmán nacional! 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.