Isabel Risco Agrupación Musical do Rosal

Segundo comunica a Agrupación Musical do Rosal, o vindeiro sábado 30 de abril celebrarase no Auditorio Municipal da vila unha “Noite de humor” co espectáculo cómico “As aventuras de Nabiza Girl”, a cargo de Isabel Risco, colaboradora de programas da TVG como “Era Visto, Land Rober, Tourilanda… e gañadora dun Premio Mestre Mateo no 2014″. 

A Agrupación Musical, organizadora do evento, resalta que “se queres escachar coa risa non o penses, as entradas á venta por 5€ nos puntos que saen no cartel”. Máis información no teléfono 986 626 311.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.