Gabriel Marcelli Foto Alejandro Torres Rodríguez
Fotos: Gabriel Marcelli / Alejandro Torres / RFME / Todo Trial

Xa o dicía Gabriel Marcelli Carballido de camiño a Cal Rosal: “¡Al Mundial! Sin presión, con ganas de disfrutar!”… e vaia se o cumpriu.

O piloto rosaleiro debutou no Campionato do Mundo de Trial subindo ao podium, en concreto cun impresionante 3º posto na primeira xornada celebrada o sábado 9 de abril en Cal Rosal (Barcelona), por detrás do gañador, o ilerdense Arnau Farré e o italiano Filippo Locca.

Gabri Barcelona

Xa o domingo, Gabri se tiña que conformar coa 18ª posición, que, de todas formas, o sitúan no 10º lugar da clasificación xeral do Mundial TR2 que comanda o británico Iwan Roberts.

Gabriel Marcelli resultado mundial

O campión do Rosal confesaba que o resultado do sábado fora moi bo, admitindo que nesta primeira proba mundialista se veñen cun “montón de cousas” para continuar aprendendo. Así mesmo que “todo el equipo (Gabri, Casimiro y José Mª) queremos agradecer a la RFME esta oportunidad de poder participar con el equipo nacional, en el campeonato del Mundo de Trial. El apoyo de HONDA MONTESA, preparando la COTA RR300, para que estuviese perfecta. A todos los que nos habéis animado y en especial a Alex, Dani y Pedro que nos acompañaron durante todo el fin de semana, muchísimas gracias. Y a nuestros patrocinadoresClub Motociclista Teo, Insua Box, Rodamoto, Enemotos, Deporte Galego”.

Gabriel Marcelli Mundial Cal Rosal

¡Dende Noticias O Rosal, Gabri, a nosa noraboa! Como sempre dicimos, sabemos do teu gran potencial e calidade, que te levará a bo seguro a conseguir todas as metas que te propoñas. ¡Moita sorte, crack!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.