????????????????????????????????????

Reportaxe fotográfica: Isma Pacheco / X.M. Tamuxe / Noticias O Rosal

A XXIV edición da Feira do Viño do Rosal acolleu a presentación do primeiro equipo do Acanor Atlético Novás de balonmán para a tempada 2016/17.

O sábado 16 de xullo a Praza do Calvario foi testemuña da “posta en largo” dos xogadores e técnicos do club rosaleiro, que militará un ano máis en Primeira Nacional, iso si, coa ilusión e o obxectivo de alcanzar de novo a División de Honor Prata.

Acanor Novás (6)

Este evento deportivo, presentado polo “speaker” e director de Noticias O Rosal, Juan Ramón Martínez Barbosa, serviu para coñecer o “proxecto 2.0 do Novás”, coa incorporación de catro fichaxes con respecto ao pasado curso.

????????????????????????????????????

Tras a marcha dos irmáns Tsybanev, xunto coa retirada do pívot Jorge Pousa e a do capitán Víctor Armán, obrigou ao club que preside Andrés Senra a buscar alternativas de calidade para suplir estas importantes baixas.

Acanor Novás (5)

A directiva e corpo técnico do Acanor Atlético Novás púxose a traballar, pois, para presentar este sábado a un gran conxunto de xogadores que, sen dúbida, están facendo soñar aos seus afeccionados.

????????????????????????????????????

Foi a presentación oficial e a benvida a O Rosal das novas incorporacións: Germán Hermida e Rubén Figueirido (Academia Octavio), Ramón Pumariega (Calvo Xiria) e Nico López Rey (BM Guadalajara).

????????????????????????????????????

O presidente do Novás, así como o seu adestrador José Ramón Muñoz “Jota” ou o “buque insignia” dos xogadores Manu Martínez, dirixíronse, micro en man, aos seguidores e turistas que enchían a Praza do Calvario.

Acanor Novás (7)

¡Dende Noticias O Rosal moita sorte ao Acanor Atlético Novás e oxalá sexa esta unha tempada para “enmarcar”!

Acanor Novás (8)

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica: 

« de 8 »

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.