O club Moteiros do Baixo Miño organiza o vindeiro sábado 14 de decembro a 3ª edición da súa “MOTOPAPANOELADA” coa colaboración de ACOR e Conrazones.

A saída terá lugar ás 16:30 horas dende a Praza de Tomiño, con percorrido polo Baixo Miño, con remate na Praza do Calvario (O Rosal) onde a organización anuncia que repartirán caramelos e haberá “chocolate quentiño”.

Dende Moteiros do Baixo Miño lembran que é imprescindible o traxe de Papá Noel. Así mesmo que “todo aquel que ao rematar queira aportar un xoguete ou comida para os máis necesitados, teremos unha recollida en O Rosal organizada polos compañeiros de Conrazones“.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.